-
Xa falta menos para aprobar o orzamento do concello para o ano 2008!
Falaba do tema o 14 de marzo coa esperanza de que se aprobara no mes de abril. Logo volvín a falar o 23 de abril agardando, inxénuo de min, que se aprobara a finais de maio.
Hoxe publica un xornal que o goberno esta ultimando o [...]
-
Onte tivemos Pleno Ordinario en Sanxenxo. Puro trámite, como todos os plenos ordinarios neste concello.
Tamén seguiu o guión de todos os plenos da nova corporación xurdida das eleccións do ano pasado.
A sesión deu comezo as 20:30 h. e ás 21 xa estaban tratados todos os puntos da orde do día.
Logo batería de mocións como xa [...]
-
Hoxe podemos estar satisfeitos polo acordo acadado para dar solución ao enlace da Autovía do Salnés co Parque Empresarial de Nantes, que tan necesario é para os intereses dos veciños e veciñas de Sanxenxo.
Isto demostra que cando hai vontade de diálogo, os acordos entre administracións son moi doados de conseguir.
Tamén demostra que antes de facer [...]
-
Nos círculos financeiros dise que a Galiza as situacións de bonanza ou febleza económicas chegan con un/dous anos de retraso con respecto ao resto do estado.
Un bo exemplo de que isto é así témolo na “crise do ladrillo” que estamos comezando a sufrir aquí agora, cando no levante levan máis de dous anos con ela.
Tamén [...]
-
Estimado Anxo:
Agradezo o teu interese en falar de min, xa sabes (ben, non sei se sabes) que en política é fundamental que falen de un.
Eu, como sabes que che teño aprecio, quero tamén falar de ti para que vaias collendo “importancia política” dentro do teu grupo.
E quero facer isto porque dáme a sensación de que [...]
-
Hoxe “caíron” os 51!
Cando era neno e me dicían que alguén tiña 51 anos, pensaba para min: que vello é que pouco lle queda!
Agora vexo ben distinto, que vou dicir eu!
Non me vou por nostálxico, mais de vez en cando si me gusta repasar as miñas vivenzas.
Lémbrome dos anos 61 a 66 na escola do pósito nos Caseiros [...]
-
Xa esta ben de marear aos veciños e veciñas de Sanxenxo por parte da alcaldía co proxecto de seguridade viaria da estrada Sanxenxo-Vilalonga (PO-504)!
Para clarexar de onde parten os males vou facer unha cronoloxía dos feitos.
No mes de novembro do 2006 comezan os rumores de que hai circulando polo concello uns planos do proxecto que [...]
-
Os gobernos do PP, sexa na institución que sexa, son de “ordeno e mando” e á oposición nin auga!
Imaxinades que un concelleiro ou concelleira do BNG puidera ter en Sanxenxo a vicepresidencia dalgún organismo autónomo (Terra Sanxenxo, Xerencia de Urbanismo) ou dunha das sociedades (Nauta, Ínsula, Turismo de Sanxenxo)?
Xa nin iso, dalgunha Comisión Informativa?
Para os [...]
-
A estas alturas da película, xa todo o mundo sabe quen está detrás da asociación Galicia Bilingüe e o que pretenden.
Xa quixéramos nos que no 50% dos organismos públicos, das entidades financeiras, das escolas, dos centros médicos e, por que non, das igrexas, se dirixiran á cidadanía en galego como predican que defenden os desta asociación.
Os medios [...]
-
Na mañá de hoxe milleiros de galegos e galegas defendemos en Compostela o noso dereito a vivirmos en galego.
Foi un día cheo de ledicia ao comprobar que somos moitos os que defendemos o dereito de poder usar o galego a cotío en todos os ámbitos da sociedade.
O galego é o noso sinal de identidade e con [...]
-
Declaración institucional do BNG
Pódese dicir máis alto, mais non máis claro!
-
Acabo de chegar de Barakaldo (Bizkaia), por iso non puiden escribir onte.
Estiven alí como membro do Consello de Administración da sociedade mixta Turismo de Sanxenxo S.L., pola parte que lle corresponde á corporación municipal.
Esta sociedade conta co apoio do BNG ao considerarmos que é fundamental a implicación do empresariado, con aportación de capital privado, nas [...]
-
É típico nos cargos do PP utilizar a fuxida cara adiante cando se meten, por culpa da súa torpeza política, en “camisas de once varas”.
No Salnés, por desgraza, temos exemplos dabondo.
O secretario xeral do PP, Alfonso Rueda, debeu coller esas mañas no seu paso polo Concello de Cambados.
Cando veu que os alcaldes do seu partido [...]
-
“Nos vindeiros anos Sanxenxo experimentará un desenrolo urbanístico sostido que asegurará que os veciños de noso concello manteñan a súa calidade de vida”.
Con estas palabras remata o seu comentario o concelleiro de urbanismo de Sanxenxo, nun artigo que publica hoxe a páxina do Concello.
Despois de relatar o bo que foi, segundo el, o PXOM para Sanxenxo, [...]
-
O 31 de xaneiro xa escribín sobre a web do Concello.
Naquel comentario daba algunhas pistas para que a melloraran, mais fica claro que a miña opinión non interesa aos gobernantes de Sanxenxo.
Por aquel entón non reparara no saúdo da Sra. Alcaldesa.
Agora, despois de telo lido, comprendo moito mellor o contido da páxina.
Remata o saúdo (en [...]
-
Xa falei moitas veces do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Sanxenxo, e mais que o farei, porque ese documento é un pozo sen fundo, cun contido que, como os bos viños, hai que bebelo en sorbos pequenos.
A pesar dos 30 Solos Urbanizábeis(S.U.), dos 19 Polígonos de Execución Integral (P.E.I.) e dos 9 Plans [...]
-
-
Todos temos exemplos dabondo de manipulación informativa, e non me estou a referir aos xornalistas precisamente, pero os gobernantes de Sanxenxo son uns mestres na materia.
Vexamos un exemplo.
O goberno municipal, que por certo utiliza a paxina do Concello como boletín de propaganda, publica: “Costas desautorizou a ocupación pretendida polo concesionario dos servizos na praia de Bascuas…”
Quen [...]
-
Despois de coñecer a decisión da Consellaría de Medio Ambiente de conceder a Autorización Ambiental Integrada a Ence por tres anos, alguén podería ter dúbidas de si foi unha medida axeitada ou non.
Esas dúbidas quedaron despexadas ao escoitar a Telmo Martín dicir sobre o tema que “… a Xunta está facendo o que lle corresponde [...]
-
Hai cousas ben difíciles de entender. Unha destas é o reparto das cotas lácteas impostas por Europa á produción leiteira.
Mentres os produtores de leite galegos teñen que pagar sancións a Bruxelas por exceder as cotas que teñen asignadas, no resto do Estado non chegan a cubrir a totalidade que a Unión Europea lle concedeu.
Destas cousas é [...]
-
Andan alporizados estes días os da Asociación de Empresas de Punto e Confección das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (AIPC) pola decisión do Comité Olímpico Español (COE) de encargar o deseño e a elaboración dos uniformes do equipo olímpico español a unha marca chinesa.
Eu non me sinto moralmente con forza para discutir a decisión [...]
-
Eu coido que os socialistas (?), despois de tanto falar de bipartidismo durante a campaña das eleccións xerais, pensan/queren que a política deste país é/sexa cousa de dous.
Deixouno ben clariño Ricardo Varela no mitin que deu en Sanxenxo.
Deste xeito tratar de “bipolar-izar” a política do estado (tamén lle gostaría que pasase en Galiza) converteuse nun [...]
-
Hoxe o home do tempo da “primeira”, José Antonio Maldonado, deu a información meteorolóxica do parte das 3 dende Sanxenxo.
Como lembraredes onte foille imposta a Raia de Ouro.
Xa dixen o outro día que eu descoñecía os méritos que tiña para que lle outorgaran este distintivo, mais iso é outro tema.
Polo que dixo el no acto da entrega, [...]