-
Na miña intervención no Pleno de aprobación dos orzamentos dixen que o modelo de xestión que ten este Concello, iniciado por Telmo Martín e seguido pola actual alcaldesa, está esgotado porque basea os seus ingresos na xestión urbanística.
Unha vez rematada a puxanza do sector do “ladrillo”, ao estoupar a burbulla inmobiliaria, o Concello ficará sen [...]
-
Onte tivemos Pleno Ordinario en Sanxenxo. Como novidade pódese destacar que rematou moito antes das 12 da noite.
Como punto importante estaba a aprobación do II Plan de Igualdade do Concello.
O noso grupo abstívose na votación, non porque non esteamos a favor de que se fagan planos de igualdade, senón porque o que se fai en Sanxenxo é [...]
-
O comunicado da concelleira de facenda para aclarar a débeda do Concello, non lle ten envexa aos contratos de Groucho Marx!
Eu ata hoxe tiña un lío na cabeza, pero despois de ler as súas aclaracións xa vin a luz: o Concello non ten débeda!
Vos chegaste á mesma conclusión, non?
Si é que non hai mellor cousa que falar clariño!
A [...]
-
Mañá 25 de xullo, celebraremos o día do noso país, que en palabras de Castelao é: “a festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos”.
Esta celebración iniciouse no ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizaron o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
As Irmandades da Fala xa [...]
-
Vendo o cadro de investimentos que acompaña ao orzamento, para o ano 2008, do Concello de Sanxenxo e analizando cales van ser as fontes de financiamento para a súa execución, pódese comprobar cal é a realidade das arcas municipais.
Nauta Sanxenxo, S.L. para a remodelación prevista da praza do porto por importe de 3 millóns de euros, [...]
-
Hoxe pódese dicir que xa estamos en pleno verán en Sanxenxo.
O mercurio dos termómetros pasou con creces dos 30 graos e a praia de Silgar semellaba unha lata de sardiñas, das perrechiñas, das que caben moitas nun só envase.
As outras praias do concello tamén estaban ateigadas de xente a pesar de que a auga estaba fría… [...]
-
As cousas están mudando no Partido Popular. Cando mandaba Fraga, facía as “concentracións” nos mosteiros, agora fanas ao carón da praia de Silgar, en Sanxenxo!
Pena que xa non estea Zaplana para mellorar o seu “bronceado”.
Claro que, con esta desculpa a nosa alcaldesa tivo o seu minuto de groria. E aproveitouno!
Ela pensou: “Os meus xefes do [...]
-
Hoxe, coas novas da Inmobiliaria MARTINSA-FADESA, lembreime da urbanización Altos de Miraflores en Padriñán, na que tiñan previsto construír 429 vivendas.
Esa urbanización sempre estivo rodeada de polémica e cun denominador común: o Concello de Sanxenxo.
Cando se pretenden facer as cousas “contra natura” (ese monte nunca se debeu declarar urbanizábel), mais cedo ou mais tarde, sempre rematan [...]
-
Por fin, despois de un ano e un mes dende que se conformou a nova corporación municipal, o grupo de goberno de Sanxenxo levou a cabo unha idea propia.
Xa temos autobuses no rural!
Ben, xa sei que o anunciaron en marzo de 2007, pero todos sabemos que as cousas da administración van lentas.
Esta é unha boa nova. [...]
-
A min non me gusta demasiado falar dos orzamentos feitos polo PP no Concello de Sanxenxo porque, como xa dixen en mais dunha ocasión, é un documento que nunca se corresponde coa realidade.
É imposíbel facer aportacións dende a oposición xa que non se trata de proxectos serios.
Nos últimos anos presentaron números abraiantes, con grandes titulares de [...]
-
En toda a comarca do Salnés é coñecido que Vilalonga é a raíña das festas do verán. Comezan o 29 de xuño con San Pedro e logo vanse celebrando, cada domingo a un santo, mais dous días do Carme inda que non caia en domingo, ata finais de xullo.
Queda claro que os veciños e veciñas [...]
-
En febreiro do ano 2003, con Telmo Martín de alcalde en Sanxenxo, aprobouse o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) máis especulativo de todo o País.
Este PXOM destinou case 5 millóns de metros cadrados do territorio de Sanxenxo a Solos Urbanizábeis, Polígonos de Execución Integral e Plans Especiais de Reforma Interior, que contemplan a construción [...]
-
Xa falei en mais dunha ocasión do idioma que utilizan os gobernantes de Sanxenxo na páxina web oficial do Concello.
Ao parecer utilizan o español para que a entendan os que a visitan. Esta é a “Galicia Bilingüe” que queren os do PP!
Ao ter tanta fobia a todo o que soe a galego, logo pasa o [...]
-
A Conta Xeral do Concello de Sanxenxo correspondente ao ano 2007 puxo de manifesto que os orzamentos de 114 millóns de euros eran unha ficción, como xa dixera o BNG no seu día.
Mais o que tamén demostra é que os cartos dos veciños e veciñas de Sanxenxo gástanse sen ter en conta o seu benestar [...]