-
A irresponsabilidade do goberno municipal de Sanxenxo, coas súas declaracións en contra do Noitebús, está chegando a cotas inadmisíbeis.
Como se pode comprobar, aproveitan unh vez mais a páxina web oficial do Concello para criticar á oposición.
Xa non é só o concelleiro de seguridade cidadá senón agora tamén é a propia alcaldesa, vina e escoiteina onte [...]
-
Na negativa a modificar a lei electoral están dacordo tanto o PSOE coma o PP, inda que estes queiran ir agora de “salvadores” porque non están gobernando. Tempo tiveron dabondo para facelo e non o fixeron.
Na Galiza isto vese agravado polo “voto emigrante”, ante o rexeitamento do goberno a que as eleccións se fagan dun xeito democrático, con [...]
-
Onte sorprendeunos o concelleiro de seguridade cidadá de Sanxenxo cunhas declaracións en Radio Voz nas que lle botaba a culpa dos botellóns que se fan na vila aos mozos e mozas que chegan no Noitebús.
Esas declaracións poderían achacárselle á súa falta de experiencia ou ignorancia, mais iso ficou aclarado cando dixo que por ese motivo non asinaran o convenio coa [...]
-
O grupo de goberno do Concello de Sanxenxo, quere aprobar un 4º modificado no contrato coa empresa concesionaria do servizo de limpeza, que se adxudicou mediante concurso no ano 2.000 por importe de 247.103,86 €/ano.
Este contrato inicial foi sufrindo modificados, baixo unha suposta mellora no servizo, nos anos 2.001, 2.002 e 2.004 chegando ao custe [...]
-
Estamos no mes de agosto, mes de vacacións, e o goberno local de Sanxenxo tamén debeu collelas. Ben, en realidade levan de vacacións (pagadas) 14 meses.
Como en vacacións non se xeran noticias e hai que xustificar porque se ten un gabinete de prensa ao que se lle paga todos os meses, escríbense noticias como a que publican [...]
-
Onte dicía eu que a culpa da crise internacional non era dá alcaldesa de Sanxenxo. Home, para chegar a esa conclusión non fai falta escribir un blog, diredes vos e tendes razón.
Ogallá fora dela, porque entón tería unha solución doada, pero por desgraza non é así e a solución é moi difícil e vai para [...]
-
Por se lle pasou pola cabeza a alguén, ao ler o meu comentario anterior sobre o nivel de visitantes do mes de xullo dado o seu ton, que estou contento por estes datos, teño que dicirlle que todo o contrario: estou moi preocupado.
Estou preocupado pola teima que ten este goberno en tratar de agochar a realidade.
Sra. [...]
-
Sempre me resultou curioso os datos que se manexan dende o Concello para calcular o nivel de visitantes nos meses de verán: a recollida de lixo e o consumo de auga. (Seguindo eses parámetros deberían medir tamén o índice de garrafas cheas na fonte do Vimbieiro (1)).
As conclusións que tira o goberno municipal é que, segundo eses [...]
-
Mentres sigamos a vivir neste sistema capitalista, globalizado, neoliberal e todos os outros adxectivos que lle queirades por, non temos nada que facer para mellorar o benestar dos cidadáns e cidadás de a pe.
Dende o goberno do estado seguen a ”vendernos a burra” de que hai que apertar o cinto porque a crise é moi forte.
As medidas [...]