-
Para poder chegar a entender a diferenza entre estas fotos, podedes ler a ponencia que presentou no XXII Congreso de Xuíces para a Democracia, en xuño do 2007, Victoriano A. Otero Iglesias, xunto con Antonio Castro Martínez.
Nese documento, a partir da páxina 10, danse as claves de como se transformou a vila de Sanxenxo ata [...]
-
Parte 1/3
Parte 2/3
Parte 3/3
-
O goberno do PP de Sanxenxo ten verdadeira afección aos recheos á beira dos regatos. Recheo no lugar de Freixeiro en Dorrón, recheo na finca municipal do Revel e na Xuncablanca en Vilalonga e agora en Rexenxo.
Consentiron edificar enriba do regato Navalón de Sanxenxo e enriba do río Fabaíños de Portonovo.
Claro que non toda a [...]
-
No Pleno Ordinario de onte o Partido Popular de Sanxenxo presentou unha moción para “reprobar” ás concelleiras do BNG, Sandra Fernández Agraso e Gloria González Camiña e a min mesmo.
O outro concelleiro do BNG, David Otero Domínguez, “salvouse” da reprobación, por non poder asistir á rolda de prensa que demos para denunciar as irregularidades do [...]
-
Como persoa e como galego sinto unha grande satisfacción por pertencer a unha organización política como é a do Bloque Nacionalista Galego.
Como militante do BNG sinto unha grande satisfacción de estar rodeado de persoas como son os e as militantes e simpatizantes da nosa agrupación local de Sanxenxo.
Como portavoz do grupo municipal do BNG de [...]
-
Que pretendería demostrar a alcaldesa convidando a xantar onte no Centro de Día á prensa, a conta de todos os veciños e veciñas de Sanxenxo?
Quen creou “alarma social”, o BNG pedindo que que convocara a comisión de seguimento no mes de maio ou a alcaldesa non convocandoa e permitindo que pasara o que pasou?
Tivo que [...]
-
Hoxe demos unha rolda de prensa, as miñas compañeiras Sandra e Yoya e mais eu, para falar do que está a acontecer no Centro de Día de Sanxenxo.
Aqui vos deixo un resumo do que dixemos:
Ante as queixas que trasladaron ao noso grupo familiares de usuarios do centro, o pasado venres día 14 as concelleiras do [...]
-
Sempre dixen, desde que son portavoz do BNG en Sanxenxo, que os orzamentos deste Concello están feitos sen rigor e aumentados coa única intención de ser un titular de prensa cando os presentan.
A veces penso cal pode ser a intención do grupo de goberno ao facer isto así, ano tras ano, cando saben que coa [...]
-
Mariano Rajoy fixo onte unhas declaracións sobre a crise que resultan, cando menos, ”chamativas” vindo de quen veñen.
O titular dun xornal é o seguinte: “Rajoy reclama seriedade a empresas e bancos fronte ás “malas prácticas” do pasado” e logo di: “O presidente do PP censura os excesos causantes da crise”.
Permítese aconsellar a Zapatero para que siga [...]
-
Esta semana fixéronlle á Sra. Alcaldesa de Sanxenxo unha entrevista na Radio Galega.
A cousa non tería a maior importancia senón fora porque máis que unha entrevista radiofónica a unha alcaldesa, desde un medio de comunicación público, parece o espazo publicitario dun político en campaña.
Desde logo o entrevistador “currouse” o asunto. Buscou veciños “anónimos” para facerlle preguntas á alcaldesa: [...]