Hoxe da comezo a andaina da miña páxina persoal, a intención é que sexa unha ferramenta máis das que empregamos na rede para dar a coñecer o noso traballo político e o noso proxecto para A Pobra do Caramiñal. Contamos xa cunha páxina web, cun glog e co facebook, o propio, o do BNG da Pobra e o de outras compañeiras e compañeiros.
Dende aquí poderedes coñecer máis polo miúdo a composición da nosa candidatura, así como o noso programa. E por suposto, informarei da miña actividade diaria, e na medida do posible, contestarei a todos os comentarios ou consultas que reciba, esixindo sempre o mesmo respecto que eu empregarei.
Hoxe estarei na Crocha, daremos un mitin onde intervirán tamén Tomás Dieste, membro da candidatura no posto 13, e a continuación Cristina Andrade, a nosa responsable local e concelleira, número 6 da candidatura.
Moitas grazas pola vosa visita.
Un saúdo e ánimo, que desta vai!