Onte despois dos actos que celebramos en Lesón e na praza da Treixadura, desprazámonos ao Parque do Castelo, onde tivo lugar o mitin especial mocidade. Nel contamos coa participación do grupo de música tradicional Os Canecos, que animou o ambiente antes dos discursos. A continuación falaron, tal como estaba previsto os membros máis xóvenes da nosa candidatura: Natalia Santos, Xan Lois Valiño e Raquel Hermo. Logo fíxoo a secretaria nacional de Galiza Nova, Iria Aboi. Finalmente chegou á miña intervención, que foi breve pois contabamos coa presenza de músicos do noso concello e de fóra del, que nos brindaron a súa colaboración. En primeiro lugar tocaron uns cantos temas en acústico os membros do grupo Forraje Lulu e Kuervo. Logo os «The Little Stones» ofrecéronnos clásicos do rock. Fíxeno alí e quero volver a facelo dende aquí: o meu máis sincero agradecemento á súa colaboración, grazas á totalidade dos músicos que decidiron libremente colaborar co BNG nesta campaña. Non erran porque saben que nós dende o goberno os teremos moi en conta, aos que estiveron con nós e a todos en xeral.

Intervención na praza do Cantón da Leña, mitin central da campaña.
Hoxe pola mañá estiven no cantón da leña, falaron en primeiro lugar a nosa concelleira Amparo Cerecedo e logo a deputada no Parlamento Galego Ana Pontón. Agradezo a súa presenza, así como a de todas as veciñas e veciños que se achegaron a escoitar o mitin e a recoller o programa electoral do BNG.