-
Na noite de onte celebramos no noso concello a primeira asemblea de valoración dos resultados das eleccións municipais do domingo 24 de maio, unha asemblea na que se respiraba un ambiente de claro optimismo dadas as posibilidades que abre a decisión da maioría dos veciños e veciñas de Cambados de retirar a maioría absoluta ao [...]
-
Tras 28 anos de desgoberno ábrese un novo tempo en Cambados. O BNG-Asembleas Abertas e eu, persoalmente, comprometémosnos a traballar para que ese novo tempo se consolide cun goberno ao servizo de todos os cambadeses e cambadesas
Como candidato do BNG-Asembleas Abertas quero dar os parabéns a todos os veciños e veciñas que onte deron o [...]
-
O BNG leva anos denunciando que a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Cambados non se fixo en función das propias necesidades do concello senón en función dos intereses do PP. Ademais, na recente modificación da RPT, que era a ocasión axeitada para axustala á realidade de Cambados e solucionar as carencias [...]
-
O BNG aposta polas políticas de benestar e de carácter social, públicas e de calidade, porque son un piar fundamental do noso proxecto para construír país dende o concello, especialmente nun momento coma o actual. Así que dentro das nosas propostas neste ámbito destacan as seguintes:
-Deseño dun Plano Local de inclusión social onde se identifiquen [...]
-
O próximo domingo día 17 de maio, ás 18:00 da tarde, o BNG realizará o acto central da súa campaña nun acto político no que intervirán Víctor Caamaño (Candidato á alcaldía), Montse Prado (Deputada no Parlamento Galego), Guillerme Vázquez (Presidente da Fundación Galiza Sempre) e algúns membros da candidatura.
-
Dentro do programa electoral para estas próximas muncipais, o BNG elaborou un documento específico coas propostas máis importantes no referido ás parroquias do Concello, que sobre todo busca a participación dos veciños e veciñas de Corvillón, Vilariño, Oubiña e Castrelo na xestión do noso concello.
-
Na mañá de hoxe o BNG estivo a mostrar aos veciños e veciñas de Cambados as 50 actuacións do PP máis negativas desta lexislatura. O BNG estivo a demostrar como o concello está sometido aos intereses duns poucos e rematar con esta situación de sumisión, simplemente DEPENDE DE NOS.
50 sombras
-
Este fin de semana produciuse un feito que tristemente en Cambados resulta habitual polo lamentable funcionamento da rede de sumidoiros. Hai uns días escoitabamos a Aragunde nun medio de comunicación asegurando que a rede de sumidoiros funciona correctamente nun 99%, pero a realidade contradío cun novo episodio contaminante no Río Pequeno. Segundo veciños/as de Oubiña [...]
-
Os próximos, martes e xoves, días 12 e 14 de maio, o BNG achegarase ás parroquias de Corvillón e Castrelo (20:30 horas nas respectivas Casas de Cultura) para ter un encontro coa veciñanza.
-
Víctor Caamaño Rivas
Cambados, 53 anos Licenciado en Bioloxía, profesor no IES Francisco Asorey, de Cambados.
Autor de libros didácticos e sobre natureza. Portavoz do BNG en Cambados desde o ano 2007. Encabeza a candidatura ás vindeiras eleccións municipais.
“Levo un tempo traballando con dedicación e moito compromiso co BNG, defendendo un proxecto novo para o noso concello. [...]
-
O próximo domingo 10 de maio, o BNG achegarase ás parroquias de Oubiña (11 horas no Centro Cultural Manuel Mariño Castro) e Vilariño (13 horas no Centro Cultural) para ter un encontro coa veciñanza.
-
O concello de Cambados leva perdido 200.000 € por non solicitar durante anos a subvención de Técnico de Emprego, pois desde o ano 2006 deixou de solicitar as subvencións para a contratación ou prórroga do Técnico de Emprego/Axente de Desenvolvemento Local. En total foron nove anualidades sen solicitar, sen que houbese ningún tipo impedimento legal nin [...]
-
O próximo sábado 9 de maio ás 17:00 horas, en Exposalnés, representantes e candidatos do BNG terán un encontro coa mocidade para falar dos temas que lles están a preocupar.
-
Mª Xosé Cacabelos Dominguez
Santomé, 55 anos. Graduado Social. Traballa de mariscadora. Presidenta da Asociación de Mariscadoras de Cambados e de Guimatur. Vicepatrona Maior da Confraría de Cambados. Concelleira do BNG en Cambados desde o ano 2007. Ocupa o número dous na candidatura do BNG.
“A familia é moi importante para tod@s nós. Eu, como moitas [...]
-
Jordi Martinez Clewley
Fefiñáns, 30 anos. Traballou na emigración e actualmente é mariñeiro. Ocupa o número catorce na candidatura do BNG.
“Quero un concello no que o acceso ao posto de traballo non dependa de ter o carné dun partido político ou de facerse “amigo” do cacique de turno”.
-
Mª Milagros Oubiña Parracho
Corvillón, 52 anos). Traballa na casa. Ocupa o número once na candidatura do BNG.
“Preséntome nesta candidatura porque desexo ver as institucións ao servizo de todos e todas as persoas; e o Bloque é a solución”.
-
Mª Concepción Ibañez Carballido
Castrelo, 52 anos. Ama de casa. Voluntaria activa na defensa e coidado dos animais abandonados. Colabora como casa de acollida. Ocupa o número dous dos suplentes na candidatura do BNG.
“Vou na candidatura do BNG porque considero que é a mellor opción para facer deste concello un lugar onde todos os cidadáns teñan [...]
-
Desde o ano 2006 o Concello de Cambados de Cambados deixou de solicitar as subvencións para a contratación ou prórroga do Técnico de Emprego/Axente de Desenvolvemento Local. En total foron nove anualidades nas que non solicitou as subvencións sen que houbese ningún impedimento legal para continuar solicitándoas.
As anualidades nas que o Concello de Cambados non [...]
-
O BNG é consciente de que hai moitos aspectos da xestión económica municipal que van máis alá da capacidade de autoxestión dun concello. Pero tamén consideramos prioritario que un concello debe implicarse na loita contra o desemprego dispoñendo os mecanismos que favorezan o desenvolvemento xeral do municipio (infraestruturas, formación, xestión …) e mesmo, de forma [...]
-
Josefa Cores Oubiña
Vilariño, 54 Anos. Traballa como comercial. Ten unha ampla experiencia no mundo asociativo e veciñal. Ocupa o número oito na candidatura do BNG.
“ Volvo a presentarme outra vez polo BNG porque me sinto identificada coas súas propostas, entre elas a de loitar por explotar os recursos do noso país e, en concreto, [...]
-
Emilio Paz Sotelo
Vilariño, 22 anos. Estudante de Enxeñería Informática. Ocupa o número dezaseis na candidatura do BNG.
“Decidín formar parte da lista do BNG porque é o partido que representa os meus ideais e que pode axudar máis e mellor a tod@s @s cambadeses.
-
Mª Teresa Prado Cores
Oubiña, 45 anos. Traballa como mariscadora. Actual responsable do BNG de Cambados. Concelleira do BNG en Cambados desde o ano 2013. Colaboradora habitual en labores asociativas na parroquia e desempeña, actualmente, funcións directivas na Asociación de Veciños de Oubiña. Ocupa o número tres na candidatura do BNG.
“Vou nesta candidatura pola miña [...]