-
O próximo sábado 9 de maio ás 17:00 horas, en Exposalnés, representantes e candidatos do BNG terán un encontro coa mocidade para falar dos temas que lles están a preocupar.
-
Mª Xosé Cacabelos Dominguez
Santomé, 55 anos. Graduado Social. Traballa de mariscadora. Presidenta da Asociación de Mariscadoras de Cambados e de Guimatur. Vicepatrona Maior da Confraría de Cambados. Concelleira do BNG en Cambados desde o ano 2007. Ocupa o número dous na candidatura do BNG.
“A familia é moi importante para tod@s nós. Eu, como moitas [...]
-
Jordi Martinez Clewley
Fefiñáns, 30 anos. Traballou na emigración e actualmente é mariñeiro. Ocupa o número catorce na candidatura do BNG.
“Quero un concello no que o acceso ao posto de traballo non dependa de ter o carné dun partido político ou de facerse “amigo” do cacique de turno”.
-
Mª Milagros Oubiña Parracho
Corvillón, 52 anos). Traballa na casa. Ocupa o número once na candidatura do BNG.
“Preséntome nesta candidatura porque desexo ver as institucións ao servizo de todos e todas as persoas; e o Bloque é a solución”.
-
Mª Concepción Ibañez Carballido
Castrelo, 52 anos. Ama de casa. Voluntaria activa na defensa e coidado dos animais abandonados. Colabora como casa de acollida. Ocupa o número dous dos suplentes na candidatura do BNG.
“Vou na candidatura do BNG porque considero que é a mellor opción para facer deste concello un lugar onde todos os cidadáns teñan [...]