-
Cada día que pasa empeora a pinta das obras que o Concello está realizando ao lado do río. A “estrela” da actuación é a pista de tenis, algo que non ten razón de existir no que se pretendía que fose unha área fluvial. Por que se primou o cemento e non o adecentamento dunha zona [...]
-
Estes días estanse realizando obras no local, propiedade do alcalde, que destinaba a tanatorio. Até aí nada sorprendente. Pero o rechamante, áinda que non sexa unha novidade, é que se utilice o todoterreo do Concello para retirar os cascallos dunha obra privada e que aínda por riba acaben no vertedoiro de lixo incontrolado. Iso si [...]
-
Estes días estanlles chegando a varios propietarios de tractores de Baralla a comunicación do imposto municipal de circulación. A Lei de facendas locais establece a correspondente exención do imposto deste tipo de vehículos. Sería ben que o alcalde enviase ás parroquias un bando para aclarar a situación e o procedemento que deben seguir os seus [...]
-
Este sábado, coma anos anteriores, a AMPA e a dirección do Colexio CPI de Baralla, convidáronnos a facer outro tramo do camiño de Santiago, entre Sarria e Portomarín. Un bo día, unha agradábel camiñada, unha boa compañía e un agradecido xantar,-sobremesa incluída-, para rematar a xornada. Grazas polo convite e polo trato. E para o [...]
-
Xa hai algún tempo, unha ambulancia tiña que saír remolcada por un tractor da casa de Ribadeneira de Quintá polo mal estado da pista de acceso.Cando no último pleno lle volvemos pedir ao alcalde o amaño urxente de varias pistas do rural, caso de Penouta, Vilar de Francos ou Laxes, e faciamos mención expresa aos [...]
-
Xa hai días que circulaban rumores sobre os elixidos e elixidas para as contratacións temporais para a brigada de obras (de obras??) do Concello e para o servizo de axuda a domicilio. Polo que parece, no caso da brigada de obras repiten boa parte dos que estaban e en axuda a domicilio, primaron máis as [...]
-
Hai poucos días chegoume algunha información sobre un convenio urbanístico para edificar na parcela situada por detras do Centro Médico. De momento, nada hai de xeito oficial, que pasase pola Xunta de Goberno Local ou polo Pleno. Pero é curioso, cando menos, que xusto unhas semanas despois de se adxudicar a redacción do PXOM, “aparezan” [...]
-
Onte á tarde, vin na televisión a varios dos meus veciños camioneiros, retidos pola garda civil en Benavente. Son dos que se ían exercer o seu dereito de manifestación a Madrid en defensa de melloras laborais, reclamando unha tarifa mínima que evite o que modernamente se chama “competencia desleal”. O caso é que nesta Unión [...]
-
Que razón pode haber para negarlles aos traballadores de CAMPESA o local do Centro Sociocultural se non está ocupado con outra actividade? Ningunha. Pois o Sr. Capón negoulles a utilización do local público, que a empresa tamén paga cos seus impostos. Como consecuencia, os cartos dos cafés e do xantar quedaron en Becerreá. Outra proba [...]
-
É ben rechamante que despois de máis de 2 meses desde a aprobación en Pleno dos orzamentos do ano 2008, e por tanto, das subvencións nominativas a asociacións, todas esas asociacións (culturais, deportivas,..) non teñan ningunha comunicación da súa concesión. Como esperaba o alcalde que o soubesen? Ou é que non quería que o soubesen [...]
-
A celebración e as notas do segundo exame da praza de alguacil supuxo o cumprimento da tradición. Os rumores que circulaban sobre a “obxectividade” do proceso, cumpríronse . Algúns datos curiosos. Lembremos que esta proba consistía en preguntas cortas sobre o concello.
►Dos 9 aspirantes, dos que sete son de Baralla, só “pasan” dos 5 [...]
-
Que ben define esta expresión o que fixo onte a ministra de Fomento, cando o BNG lle preguntou polas obras do AVE a Galiza! A ministra do PSOE intentou que parecese o que non é e que ninguén se decatase. Pero comparar as obras do AVE a Galiza coas dos obreiros nunha casa: «Chegan, pero [...]
-
O Consorcio de Servizos Sociais vén de públicar a convocatoria de prazas para diversos Centros de Día da provincia de Lugo (entre eles O Corgo e Abadín). O BNG xa propuxo que se convertera a antiga casa do médico no centro de día de Baralla. Pero este alcalde non está nesa liña. Nos imos [...]
-
Onte celebrouse o primeiro exame da praza de alguacil-porteiro. Ao final non se presentaron todos/as os inscritos. Esta é a relación de aprobados
Notas do exame e relación de aprobados/as
-
Pasou o pleno e segundo o alcalde, as cousas están tan ben, que nin os accesos a Penouta nin a Lebruxo teñen buratos, nin os de Laxes necesitan un amaño… nin vai facer nada para solucionar os problemas de recepción de televisión en varias zonas do concello… E claro, as obras da teórica “área fluvial” [...]