-
No pleno do pasado xoves, conseguimos dar un paso adiante para a apertura da galescola e para iniciar o proceso de posta en marcha do Centro de día. Despois de moitas iniciativas e peticións, e despois de que este alcalde perdese un ano, conseguimos que se dirixa ao Consorcio para traballar para poñer en marcha [...]
-
Acabamos de presentar unha iniciativa no Concello, que se vai debater este xoves, no pleno ordinario do Concello, para reclamar que se lle ceda ao Consorcio de Servizos Sociais a antiga “Casa do Médico” para construír o Centro de día de Baralla. O 34,5 % da poboación de Baralla supera nestes momentos os 65 anos [...]
-
O BNG, a través dos seus deputados Cristina Ferreiro e Fernando Blanco Parga, presentamos unha iniciativa no Parlamento galego para interesarnos pola posibilidade de contar con asistencia pediátrica no centro de saúde de Baralla. Segundo datos do Sergas, Baralla contaría cunha poboación pediátrica de 188 persoas. Con esta proposta parlamentaria queremos saber se o [...]
-
Onte, no acto que organizamos polo día da patria, falamos de nacionalismo, de País e de futuro. Pero os veciños e veciñas que nos acompañaron, puxeron de manifesto a súa preocupación polos problemas do concello: urbnanismo, galescola, atención a terceira idade e centro de día, atención pediátrica… Sobre este último asunto, imos presentar unha iniciativa [...]
-
Hoxe, ás 9 e media da noite, no Centro Sociocultural, anímamosvos a participar no acto do BNG con motivo da celebración do Día da Patria galega e de explicación da nosa actuación desde as consellarías da Xunta de Galiza.
-
Estes días empezará a chegarvos ás casas o boletín BNG de xullo. Un pequeno resumo do noso traballo das últimas semanas. Se o queres consultar preme aquí Boletin BNG-xullo-08
-
O río Neira ten un gran potencial económico e social, e a celebración e consolidación dunha festa como a da troita, podería axudar ásúa posta en valor. O noso río ten unha recoñecida sona como río troiteiro entre os pescadores galegos e de fóra de Galiza, que cumpriría revitalizar e aproveitar economicamente. É necesario [...]
-
Portada da igrexa de Berxelos
Contamos cun patrimonio hsitórico enorme, pero desde o Concello non se aposta por poñelo en valor e sacarlle toda a rendabilidade que podería dar. A recente restauración das pinturas da igrexa de Berxelos que financiou a Consellería de Cultura, -e mon son as únicas pinturas que temos nas igrexas do concello, [...]