Polo visto o noso alcalde vai permitir que se peche a Oficina de Extensión Agraria de Baralla. Mentres o BNG xestionou a Consellería de Medio Rural a oficina permaneceu aberta e aínda ben non volveu o PP xa a quere pechar.
Na porta da Oficina de Extensión Agraria leva varias semanas un cartel que advirte que [...]
Nunca nas últimas décadas, padecemos un ataque tan visceral e calculado contra a nosa lingua. O PP colocou o galego na diana do exterminio. Véndenos ese malfadado trilingüismo como a panacea. Que curioso que non optasen por esa alternativa outros idiomas máis normalizados, seica para potencialos. Que curioso que en Alemaña non opten por introducir [...]