-
Cambre, 17 de novembro de 2008.- Hai ben pouco tempo, calquera mozo ou moza con idea de se emancipar, ou xente maior que quixer obter a súa propia vivenda, atopábase con problemas irresolúbeis. Só o mercado libre ofertaba vivendas e, os prezos eran inalcanzábeis. Hipotecas máis parecidas a condenas perpetuas e condicións de vida de [...]
-
Cambre, 14 de novmbro de 2008.- Aínda non saio do meu asombro ao ver algunhas reaccións ao Plan de Vivenda que presenta a Consellaría de Vivenda e Solo. Cando tiven a primeira aproximación ao Plan, hai apenas uns días, a sensación foi de que nos tocara a lotería. Non podo comprender como se [...]
-
Cambre, 12 de novembro de 2008.- Dentro dun rato, veciñas e veciños, persoal funcionario, representantes institucionais, concentrarémonos diante do concello, baixo as bandeiras de loito desde onte, para manifestarmos unha vez máis, a nosa dor e repulsa polo asesinato dunha muller, outro máis.
Lendo o acontecido, un se pregunta que máis se pode facer. Que [...]
-
Cambre, 1 de novembro de 2008.- No mesmo pleno municipal ao que me refería na anterior entrada, o do xoves 30, a Corporación tomou outra trascendente decisión, a de rescindir o contrato coa empresa redactora do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Unanimidade, que ben¡ diría calquera, pero todo ten matices.
Había que facelo, creo que até [...]
-
Cambre, 31 de outubro de 2008.- O acordo acadado en agosto para aprobar os orzamentos deste ano, comeza a funcionar. Xa dixeramos que a única condición era o cumprimento do asinado, que queriamos que quen goberna, gobernara. No pleno ordinario celebrado onte, xoves 30 de outubro, a corporación ratificou por unanimidade o acordo acadado polo [...]
-
Cambre, 7 de agosto de 2008.- Pois si, algo máis dun mes sen me poñer co blog e algunhas cousas están a cambiar en Cambre. A máis importante é que acadamos un acordo co Psoe , que goberna en minoría, para apoiar os orzamentos. Resúltame curioso como, producido o feito e anunciado [...]
-
Cambre, 23 de xuño de 2008.- Acabamos de pasar uns días intensos, de moita actividade. A mágoa é que, unha vez máis, fora para poñernos ao lado dos que reivindican e reclaman. Que sexa necesario que os cidadáns sáian a reclamar por cousas que deberían estar solucionadas hai tempo dá que pensar. Conseguiremos algo, seguro, pero non [...]
-
Cambre, 20 de xuño de 2008.- Esta semana recibimos, no BNG de Cambre, un correo dunha veciña que nos encheu de desacougo. O de sempre, xente que queda sen acceso aos servizos de benestar que, a maioría, pensamos que xa son univerais. E son sete os cativos na mesma situación.
Imaxinen, no Temple (Cambre), con dous [...]
-
Cambre, 18 de xuño de 2008.- Non hai mellor maneira de aplacar as críticas e os desencontros que meter aos discrepantes a compartir a xestión das cousas que critican. Máis ben, facerlles crer que están a compartir a xestión. Na realidade trátase de lles facer perder o tempo con nimiedades e procedimentos, mentres os asuntos [...]
-
Cambre, 17 de xuño de 2008.- Retomo as comunicacións cun dos asuntos que presentaremos ao Pleno Ordinario do vindeiro 26 de xuño. Trátase da proposta de creación do Consello Municipal de Deportes.
Onte fixemos pública esta iniciativa e, hoxe, ven recollida en varios medios de comunicación da comarca. Por iso, ao longo da mañá recibín varias [...]
-
Cambre, 2 de xuño de 2008.- Hoxe tivemos unha reunión para tratar sobre a vía Ártabra, ou vía 13, do Plano viario comarcal. É unha longa historia da que , seguro, falarei en máis ocasións.
Hoxe tratábase de ter unha xuntanza dos grupos municipais coas asociacións de afectados constituídas en Cambre, como “previa” á Comisión Informativa [...]
-
Cambre, 31 de maio de 2008.- Xa o comentei onte, á voz de : “levántase a sesión”, volta á normalidade. E tal cal, hoxe o Alcalde xoga ao Dominó nese trofeo montado por el e que pagamos todos e, a concelleira de Medioambiente aparece na prensa anunciando a semana “Ecocambre-08”. Por fin oposición está calada [...]
-
Cambre, 30 de maio de 2008.- Onte tivemos pleno, si, xa me refería a el na anterior entrada. Hoxe, diante do teclado, teño sensacións contraditorias. Que pasou realmente? Cales son as conclusións que poden tirar os asistentes? Realmente, de que serviu?
Unha nova demostración de debilidade e incapacidade dun goberno que non goberna. Unha vez máis, [...]
-
Cambre, 29 de maio de 2008.- É un día importante para o Concello. Temos Pleno Ordinario e, moitos son os asuntos que merecen reflexión e que debateremos á tardiña. Levo días traballando neles cos meus compañeiros do grupo municipal e, tiña pensado dedicarlles unhas notas. Pero algo me fixo cambiar de planes. Ademais, a información [...]
-
Cambre, 28 de maio de 2008.-Xa pasou un ano. Acabamos de cumprir un ano desde as eleccións municipais. Daquela, por estas datas aínda estabamos dándolle voltas ás explicacións necesarias. E que rápido pasou¡ Non sei se máis que do cambio climático que tanto se fala, non habería que centrarse no cambio cronolóxico, os anos de [...]
-
Cambre, 20 de maio de 2008.- O PP ten un problema en Cambre –como se non tivera poucos por todas partes¡- hai tempo que necesita un compás, non sabe onde vai. E claro, tenta camuflar a súa falla de orientación, facendo movementos en círculo, por certo, ben pequenos, para dar a sensación de que se [...]