-
Posted: February 29, 2008, 8:55am CET by rocio
[ 6 Marzo 2008; 8:30 pm to 9:30 pm. ] O xoves 6 de marzo celebramos o mítin central de campaña da comarca na cidade da Coruña. Será no auditorio do PALEXCO ás 20:30h. Falarán Henrique Tello, Avia González, Anxo Quintana e Francisco Jorquera, o noso cabeza de lista ao Congreso pola Coruña.
-
Posted: February 29, 2008, 8:50am CET by rocio
[ 1 Marzo 2008; 12:00 pm to 1:00 pm. ] Estades convidad@s a ao acto que celebramos o sábado 1 de marzo no Hotel Araguaney en Santiago ás 12h no que contaremos coa presenza de Elvira Cienfuegos, Olaia Fernández, Paz Abraira e o portavoz nacional Anxo Quintana.
-
Posted: February 27, 2008, 8:54am CET by rocio
[ 27 Febreiro 2008; 8:30 pm to 10:30 pm. ] O mércores 27 de febreiro, ás 20:30 h no Auditorio Municipal de Cerceda, celebraremos o acto central de campaña ás Eleccións Xerais. Contaremos coa presenza de Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo. Non faltes!
-
Posted: February 27, 2008, 8:48am CET by rocio
Despois dun tempo sen poder actualizar o blog, aquí estou de volta. Entre o traballo institucional e o outro non tiven nin tempo de irvos contando como mudou a situación no concello dende as pasadas eleccións municipais. A verdade é que agora non é mesmo, mesmo o alcalde cambio a súa actitude. Ata non botou [...]
-
Posted: November 15, 2007, 2:08pm CET by rocio
Logo dunha tempada sen editar, estamos a distribuír en todas as casas do concello a nova edición do noso boletín, co cal queremos achegarvos as propostas que facemos, novas do concello, información das diferentes iniciativas que se levan a cabo no goberno da Xunta de Galiza e que atinxen a Cerceda,.. Agardamos que sexa [...]
-
Posted: September 3, 2007, 5:36pm CEST by rocio
[ 7 Setembro 2007 to 9 Setembro 2007. ] Logo das vacacións do verán, aquí estamos de volta, preparando o curso polítco que comeza.
Pero para comezar con ganas, nada mellor que convidarvos o vindeiro fin de semana ao festival A Gresca, onde atoparedes música, teatro, circo, .., xa o sabedes, do 7 ao 9 tedes unha cita en Cerceda!
Agardámosvos!
-
Posted: May 28, 2007, 5:24pm CEST by rocio
Logo dunha andaina que comezou fai xa 12 anos, con altibaixos, victorias inesperadas nalgunhas ocasións e derrotas amargas noutras, @s veciñ@s de Cerceda amosaron onte a maior confianza en nós dende que nos presentamos por primeira vez a unhas eleccións municipais, tres concelleir@s!! Agora nos plenos xa non o terei que dicir todo eu! [...]
-
Posted: May 24, 2007, 8:22pm CEST by rocio
No penúltimo mítin da campaña electoral, visitamos o martes pasado a parroquia de Encrobas. Foron moitas as persoas que se achegaron a escoitarnos, nun dos lugares máis castigados do concello. Logo da práctica desaparición de todas as aldeas e lugares que formaban as Encrobas, engulidos polo buraco terríbel da mina de lignito, seguen sen resolverse [...]
-
Posted: May 24, 2007, 5:53pm CEST by rocio
Recentemente estiveron no pub Non Sei de aniversario (xa van 20 anos!), e para celebralo nada mellor que facelo con Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa e os Magical Brothers! todos xuntos nunha mesma noite!
Toda unha demostración da cultura que ofrece o noso país, con humor, música … Unha mágoa que as perosas que [...]
-
Posted: May 23, 2007, 1:42pm CEST by rocio
[ 25 Maio 2007; 9:30 pm; ] Rematamos a campaña eleitoral o venres 25 de mario ás 21:30h na Silva, no colexio público Celso Emilio Ferreiro. Neste último mítin falaremos as tres persoas que encabezamos a candidatura, Emi, Antón e eu mesma. Agardámosvos!