-
Alegacións PXOM retirada
-
O BNG presentou as alegacións ao Plan Xeral e pediu a retirada da proposta presentada pola alcaldía. Cremos que é necesaria a reformulación e nova definición e deseño do citado Plan de Ordenación Municipal do Concello de Baralla, por considerar que o documento sometido a exposición pública non representa a proposta urbanística que a vila, [...]
-
Engadimos hoxe o documento relativo ao estudo económico e a estratexia de actuación. Con el constátanse varais cousas. Que a proposta que presenta o alcalde e o PP non ten futuro. Por que? Porque aposta por urbanizar e por conta dos veciños propietarios máis de 115.000. Si, urbanizar máis 115.000 m² de terreos para poder [...]
-
Seguimos completando a documentación do PXOM. Como veredes facemos indicacións do contido dos distintos PDF.
NORMATIVA
Normativa (A normativa de construción segundo cada tipo de solo)
SOLO URBANO
Clasificación e Ordenación do Solo Urbano ( Os tipos de solo no casco urbano da vila)
DELIMITACIÓN DE NÚCLEOS: PARCELAS EDIFICABLES E CONSTRUCIÓNS ACTUAIS
DELIMITACION NUCLEOS I parroquias de Aranza a Ferreiros
DELIMITACION [...]
-
Xa podedes consultar e descargar novos documentos do PXOM. Ademais ímolos ir colgando todos no enlace de Plan Xeral que tedes na parte superior do inicio do blog.
NORMATIVA
Normativa (A normativa de construción segundo cada tipo de solo)
SOLO URBANO
Clasificación e Ordenación do Solo Urbano ( Os tipos de solo no casco urbano da vila)
DELIMITACIÓN DE [...]
-
Hoxe sae publicado do DOG PXOM BARALLA o anuncio de exposición ao público e prazo de alegacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Imos intentar ir colgando a documentación da proposta para que a poidades consultar e descargar. Xa solicitamos no seu día que o Concello a colgase na súa páxina web, [...]
-
O BNG ESIXE QUE O PP SE POSICIONE SOBRE AS AFIRMACIÓNS DO ALCALDE DE BARALLA SOBRE AS VÍCTIMAS DO FRANQUISMO
O concelleiro do BNG en Baralla, Xosé Manuel Becerra, dixo que “a frase é a que é e significa o que significa, dentro ou fora de contexto”
O BNG pediulle á secretaria que constasen [...]
-
Ver Boletín BNG
Baralla xullo 2013
-
Está tamén aberto o prazo de alegacións ao parque eólico Serra da Lagoa en Baralla (afecta directamente a parcelas, camiños e vías de Santa Marta, Vilanova, Recesende, Vilartelín, Pacios, A Valiña, Sobrado de Picato, Lamas,…)
Prazo: 30 días hábiles (a contar desde o día seguinte da súa publicación BOP 20 de xuño)
XEFATURA TERRITORIAL DA [...]
-
Está aberto o prazo de alegacións á solicitude de mina de ouro con arsénico en Neira de Rei polo prazo de trinta días, a partir da última publicación (DOG 28 de xuño)
ACORDO do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso [...]
-
Onte, o BNG organizou un roteiro por Neira de Rei, para amosar o seu rexeitamento á posibel explotación dunha mina a ceo aberto para a que está en trámite unha solicitude de exploarción. O BNG aposta polo sector agrogandeiro e pola recuperación e promoción do noso patrimonio histórico e ambiental. Cal vai ser o futuro [...]
-
Iniciativa BNG Parlamento galego
-
O BNG PIDE QUE OS REMANENTES DO CONCELLO SEXAN PARA CREAR EMPREGO E ATENDER AS NECESIDADES DA XENTE…
-
-
-
-
-
Unha firma fará sondaxes para extraer ouro en catro concellos lucenses
-
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7970_1.pdf#PAGE=1
Anuncio no BOP do prazo de alegacións a ese permiso de exploración
-
-
O BNG pide medidas para evitar que se alague a LU-621 en Santo Estevo
04/04/2013 – El Progreso (Lugo)
O BNG de Baralla critica o estado no que se atopa a LU-621 e advirte de que as continuas inundacións que sofre xeran un grave perigo para os condutores. Pide á Xunta, titular da estrada, que [...]
-
A reportaxe que hoxe aparece no xornal, pero só un anaco…
El Progreso – Baralla abre a porta aos Ancares
elprogreso.galiciae.com
-
boletín baralla maio 2012_Maquetación 1
Entra e descarga o boletín de maio 2012
-
Despedimentos, redución de salarios,… A «reforma laboral» do PP permítelle ao empresario facer o que lle dea a gana. Velaquí un par de exemplos de hoxe. Pero virán máis se non os paramos. Ou os traballadores e traballadoras nos mobilizamos, ou o futuro é precariedade e pobreza.
Factoría Naval de Marín notifícalle o despedimento a [...]
-
ASEMBLEA ABERTA DA CIG EN LUGO
XOVES 16 DE OUTUBRO ÁS 18:30h N APRAZA MAIOR
CONSECUENCIAS DA REFORMA LABORAL PARA A CLASE TRABALLADORA
-
Agrada ver como se demostra que este concello ten futuro e xente que confía nel. Velaí o caso de Enrique e a súa aposta por manter o rural, cunha iniciativa que cómpre valorar e apoiar. Vai ao minuto 8:55 de ….
Cos pés na terra. Programa 10 (30/11/2011) | Á carta | CRTVG
www.crtvg.es
-
01/11/2011 – S.L. / El Progreso (Lugo)
Os veciños da estrada de Escobio, en Baralla, quéixanse das molestias e os malos cheiros que teñen que aguantar ao non estar as súas vivendas conectadas á rede de saneamento municipal.
Os propietarios das catro casas deste viario séntense «discriminados» por parte do goberno local. Aseguran que, fai un par [...]
-
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou onte pola tarde nun mitin de precampaña en Lugo, onde afirmou que o 20-N «hai que pensar en Galicia e dar máis forza ao noso país non Parlamento do Estado». E iso, dixo, só se consegue coa «alternativa galega e de esquerdas que defende ou BNG».
Explicou Vázquez [...]
-
Boletín de pre-campaña (PDF)
-
-
Non é que sorprenda xa que o PSOE lexisle a favor da banca. Non o é que o faga o PP desde a oposición no Estado ou desde o goberno na Xunta. Pero aínda así, velaquí que aínda lles quedan ideas para avalar recortes dos nosos dereitos. Visto que xustiza comezaba a tumbar as cláusulas [...]
-
Os cidadáns e os cidadás teñen neste momento a percepción de que a crise que estourou en Novembro de 2008 non só afecta gravemente a economía, e por tanto ás súas condicións de vida, senón tamén a Democracia e a forma en que as institucións
representativas da vontade popular están a actuar para remontar a situación.
A [...]
-
O Bloque Nacionalista Galego convoca a todos os cidadáns a se manifestar en contra da reforma neoliberal e centralista da Constitución o próximo martes, a partir das 20.30 H, diante da Sudelegación do Goberno para amosar así o noso rotundo rexeitamento a esta modificación exprés pactada por PSOE e PP.
PROPOSTA_DE_RESOLUCIÓN_CONSELLO_NACIONAL
-
Mañá estamos convocados para o pleno de organización. Polo visto, o sr. Capón quere manter o seu salario e o do tenente alcalde. O del, 3.000 € por “media dedicación” e o de Raposeira duns 1.300 euros. Esta é a austeridade do PP. Do PP de Baralla tamén. Nun concello no que xa baixamos dos [...]
-
Estes son os resultados do domingo. O PP sobe en votos en todas mesas e recupera 2 concelleiros. E do censo de 2598 habitantes só quedaron 430 persoas sen votar. O BNG e o PSOE baixan en votos. Aínda que do censo de hai 4 anos, o concello perdeu case 500 habitantes, os datos reflicten [...]
-
Despois de 24 anos, é hora de cambiar de goberno e de alcalde. Despois de 24 anos é o momento poñer novas caras no concello. Cada voto é clave. Cada voto é importante. É preciso que cada quen poña o seu grao de area. E que animemos a veciños e veciñas, a amigo e amigas [...]
-
Esta fotó non é de hai catro anos. É de onte, aínda que podería ser de hai dous anos. Porque hai dous anos que non se pode pasar pola pista que vai de Recesende a Lebruxo. Curiosamente, ou non tanto, un aviso por «obras» prohibe o paso. Repetidamente pedímoslle no pleno ao Sr. Capón que [...]
-
01Xente(1)
Consulta o boletín do BNG de Baralla-2 PDF
-
http://www.goear.com/listen/2391b65/xente-berroguumletto
PROGRAMA DE GOBERNO
EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
DESENVOLVEMENTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL. Un plan xeral de ordenación municipal, para ordenar e permitir a construción dentro da vila e nos distintos núcleos do concello.
URBANIZACIÓN DO SOLO INDUSTRIAL DA MOCHA . Posta en marcha do Solo Industrial da Mocha para que os nosos mozos e mozas poidan [...]
-
Domingo día 8, ás 8 da tarde, no Centro Sociocultural de Baralla
Mitín-presentación de candidatura
-
Candidatura do BNG
Baralla necesita un cambio. Necesita un novo alcalde. Despois de 24 anos chegou o momento de apostar por outra alternativa. Despois de 24 anos co Sr. Capón na alcaldía é hora de poñer novas caras no Concello. Chegou o momento de que apostemos pola ilusión, polas ideas novas e polas ganas de [...]
-
Os últimos datos volven poñer de relevo o continuo descenso de poboación do interior do país. Baralla non está libre desa caída. Está claro que as medidas precisas para frear esa sangría deben vir conxuntamente de todas as administracións. Pero tamén é certo que cada quen ten que traballar no ámbito que lle toca. Baralla [...]
-
O venres, varios traballadores do programa Lugoemprega contratados pola Deputación e asignados ao concello estiveron colocando varios palés de caixas de viño no garaxe do edificio que está fronte ao Centro Médico, propiedade da igrexa. Un verdadeiro escándalo que o alcalde utilice a situación para aproveitarse dos traballadores e asignarlles un traballo duns particulares. Son [...]
-
Supoño que cando alcalde dispón de máis de 2 millóns e medio de euros de orzamento, de máis de 400 millóns das antigas pesetas, non se esaxera se se acusa a ese alcalde de malgastar o diñeiro e o futuro do concello. E é lóxico que os veciños se pregunte onde e en que [...]
-
O BNG de Baralla vai esixir no próximo pleno que o alcalde esplique cal será o papel do Concello na selección de persoal para a residencia de maiores que a Fundación San Rosendo constrúe na localidade. O alcalde debe dar explicacións sobre a suposta lista aberta nas oficinas municipais para que se anoten as persoas [...]
-
A Xunta publicou a orde de axudas por fillos. O PP exclúe desa axuda a calquera unidade familiar na que un/unha dos seus membros tivese que facer declaración da renda (incluso para aqueles que a fixesen de xeito voluntario). Tanto ten os ingresos e numero de membros da unidade. De escándalo! Esta é a axuda [...]
-
Este un bo exemplo de como ten as pistas municipais este alcalde. Ano tras ano, a situación nun acceso ou noutro, repítese. Achégase o momento de que os veciños e veciñas de Baralla decidan apostar por outra alternativa. O BNG está disposto.
Vídeo das pistas abandonadas en Baralla
-
O goberno do Estado eo PSOE están negociando co PP a definición final dese novo plan de actuación financeira destinado a privatizar a caixa galega e servirlla en bandexa de prata aos bancos. Os galegos sabemos ben o que supón para o país seguir contando cunha caixa, coas súas características, galega e con solvencia. Que [...]
-
DIPTICO REFORMA DAS PENSIÓNS
Un alongamento do período de cálculo implica unha redución da base de cotización, dado que normalmente se obtén un maior salario ao final da vida laboral que ao principio. En consecuencia, a pensión que se perciba sobre unha base de cotización menor será tamén máis pequena. A maioría das pensións verán reducida [...]
-
Somos moitos e moitas, os que nos mobilizamos para defender un sistema de pensións público e xusto. Aumentar a idade de xubilación é un profundo ataque aos dereitos sociais e laborais colectivos. Esa famosa caixa da seguridade social segue tendo superávit, incluso nestes momentos nos que estamos a padecer a maior taxa de paro. E [...]
-
Polo visto, anda o Sr. Capón prometendo postos de traballo na residencia privada da Fundación San Rosendo. Esa á que por decisión deste alcalde lle pagamos con cartos públicos as obras de saneamento e de urbanización e acesos. Esa na que haberá que pagar máis de 1500 euros mensuais por persoa. Postos e máis postos, [...]
-
Oito preguntas arredor da reforma das pensións
-
O BNG de Baralla quere que o Concello se opoña á suba da luz e que inste á Xunta a que retire o imposto da auga. A actual situación de crise económica está a provocar maiores dificultades económicas en moitos fogares galegos e que non se debe cargar as economías familiares con subidas en cuestións [...]
-
O martes que vén iniciamos unha serie de charlas públicas sobre a nova Lei de augas do PP que crea o canon da auga: un novo imposto pola auga.
As vindeiras charlas son:
Centro Sociocultural de Baralla
MARTES 18 ás 8 e media da noite
Escola da Condomiña
XOVES 20 ás 8 e media da noite
Escola de Pacios
VENRES 21 [...]
-
Comeza o ano 2011 con malos datos para as clases más desfavorecidas. O goberno do Estado conxela as pensións, elimina as axudas aos parados e sobe o IVE, a luz ou o butano. E o goberno da Xunta recorta os investimentos en servizos sociais, en educación e nada fai para reducir as cifras de [...]
-
Felicitación BNG
bo-nadal-bng-final(2)
View more presentations or Upload your own.
-
Xa viñemos denunciando a creación dun novo imposto polo consumo de auga que vén de aprobar o PP. A partir da súa entrada en vigor e posterior desenvolvemento, os galegos e as galegas, imos ter que pagar un novo imposto pola auga que consumimos. A maiores da taxa municipal, o PP creou un novo imposto [...]
-
Certo é que este alcalde xa nos ten afeitos a ter as pistas abandonadas, pero nin nas cousas pequenas se fai nada. Pode parecer irrelevante, pero é un bo exemplo da desidía e do pasotismo deste alcalde. Na estrada de Baralla a Láncara, en Senra, hai unha nogueira que leva un par de semanas a [...]
-
Outra vez máis, o pleno do Concello de hoxe pola tarde (ás 8 Ver orde do día sesion_ordinaria_26112010), volve estar centrado nas iniciativas do BNG. Entre outras propostas imos reclamar o amaño urxente das pistas e accesos a núcleos. A cada día que pasa o abandono é maior e os buratos máis grandes. Ademais, levamos [...]
-
A verdade é que merecen un aplauso, tamén escrito. Este grupo de veciños e vecinas de Baralla apostou por comprometerse nunha actividade lúdica, pero que require dedicación, vontade e por suposto ilusión. Nesa aposta foi clave a iniciativa que desenvolve a Área de Cultura da Deputación, que dirixe, -é de rigor dicilo-, o BNG. Pero [...]
-
Máis unha vez, a desidia deste alcalde, déixanos fóra da mellora dun servizo. O BNG de Baralla pediulle ao alcalde que xestione a inclusión de Baralla na rede de Centros de modernización e inclusión tecnolóxica, que vén de poñer en marcha a Xunta de Galiza. Esta rede está formada por centros dotados de novas [...]
-
O BNG de Baralla vai levar ao pleno do concello unha iniciativa na que reclama do goberno do PP da Xunta de Galiza que manteñas as axudas para estudos e para as asociacións de pais e nais. O PP quere acabar co sistema público de ensino. Iso está ben claro. E este noso alcalde non [...]
-
Días antes das eleccións galegas, Feijoo e o PP contaban unha das súas múltiples mentiras de campaña. Daquel prometía que se ía atender a todas as persoas dependentes en tres meses. Pasou o día e pasou o romaría. Xa se sabe que cae antes un mentireiro ca un coxo, e velaí o exemplo. Onte a [...]
-
O territorio do noso concello é, tamén, abondoso produtor de froitos de outono, de noces e castañas. Regalía da natureza. Pero tamén o é en deficiencias nas nosas vías de comunicación, tanto nos accesos físicos aos nosos núcleos, como no acceso ás novas tecnoloxías. Responsabilidade do noso alcalde.
Son abondas as pistas do concello que están [...]
-
Baralla conta cun potencial patrimonial moi significativo, tanto en calidade como en cantidade, que cómpre poñer en valor. E unha das actuacións precisas con ese obxectivo é contar cunha sinalización e indicación de cada un dos elementos patrimoniais.Vén moita xente visitar o patrimonio do concello, pero non sabe chegar por falta de sinalización. E sen [...]
-
O goberno e os medios de comunicación poderán contar o que queiran, pero o certo é que a convocatoria de folga demostrou o rexeitamento dos traballadores e traballadoras das medidas sociais, da reforma laboral, aprobada polo PSOE e aplaudida polo PP. Moitos e moitas non puideron facer efectivo o seu dereito á folga, ameazados polas [...]
-
Maña, a sociedade galega, debe parar para defender os dereitos sociais que tanto tempo e tantos esforzos custaron. Nuns poucos papeis, o PSOE e Zapatero, meten nun pozo a vida e a loita histórica de moitos homes e mulleres. Ou acaso non é reducirlles os dereitos aos traballadores rebaixar o custo do seu despedimento de [...]
-
Semella que Feijoo e Zapatero andan á carreira por ver quen fai máis recortes, ben dos dereitos laborais e das pensións, ben dos servizos públicos: da educación e dos libros de texto, da sanidade ou dos servizos sociais. A máis recente da chea de decisións de redución de gasto social que está aplicando o goberno [...]
-
Desde onte, os labregos galegos, convocados polos sindicatos e as cooperativas, están desenvolvendo unha serie de actuacións de protesta para reclamar poder vivir do seu traballo, sen que as industrias lácteas os exploten pola venda do seu leite. Pero non nos ten que sorprender moito a actitude das industrias, -multinacionais ou non-, pero si a [...]
-
O BNG de Baralla vén de reclamarlle ao alcalde unha maior aposta polas festas patronais da vila. Os nacionalistas quéixanse do pobre programa. O voceiro nacionalista, afirmou que “no que se gastan cartos públicos de todos e nunha comida do alcalde para os seus convidados”. Para o BNG, a planificación e a aposta do alcalde [...]
-
Para defender a Galiza como nación, con plenitude de dereitos e para pular por unha saída xusta á crise económica. Este 25 de Xullo, debemos mobilizarnos todas e de todos aqueles que traballamos por conseguirmos unha Galiza máis próspera, máis xusta e máis libre.
-
Nos tempos que andamos é para sentirse orgulloso de que a nosa mocidade recupere o compromiso de traballo e celebración comunitaria dos nosos avós. Os veciños e veciñas das terras de Neira de Rei, de sempre, viviron un especial sentimento de orgullo do seu territorio, da súa paisaxe e tradicións. Aínda na división provincial de [...]
-
O BNG vai levar ao Parlamento galego unha iniciativa para que a Xunta de Galiza habilite unha liña de axudas directas para os afectados pola pedra. Pensamos que é a única maneira de que os veciños poidan facer fronte aos gastos polas perdas. Son moitos os danos e é xusto que cos veciños de Neira [...]
-
Acabamos de lle pedir publicamente ao Alcalde que xestione diante da Xunta axudas para cubrir os gastos que se van derivar da forte tormenta que sufriron onte as parroquias de Neira de Rei. As perdas son elevadísimas, tanto polos lousados de vivendas e explotacións agrícolas destruídos pola pedra, como polos cultivos arrasados, ou os numerosos [...]
-
O PP vai abrir outro burato nas economías familiares cun novo imposto polo consumo de auga. Estes que presumen de non subir impostos (a quen non llos soben son aos que máis teñen), van substituír o actual canon de saneamento por dous novos tributos, o canon da auga e o coeficiente de vertido, impoñendo un [...]
-
No orzamento do Concello para o 2010, de 1.600.000 € non hai nin un euro nin para o polígono industrial nin para o centro de día, nin un plan de conservación de pistas. O Sr. Capón vai dispoñer de máis de 250 millóns das antigas pesetas, pero non os vai utilizar para mellorar os servizos [...]
-
Os silveiros tapan xa parte das pistas. Despois dun inverno tan chuvioso a chegada da primavera, provocou un rápido crecemento de silveiros e herba que dificultan a visibilidade nos distintos viais e pistas do concello o que nalgúns casos, incluso, pode ser causa dalgún accidente. Hai casos nos que xa non se ven os sinais [...]
-
Este luns, o Progreso ofrecía unha entrevista do Sr. Capón. A verdade é que é difícil concentrar tanta demagoxia en tan pouco espazo. O alcalde responsábel de que baixemos xa dos 3000 habitantes, fala de que repunta a natalidade. Será pola posibilidades de traballo que teñen os nosos mozos e mozas? Quen durante 20 anos [...]
-
O abandono das pistas non só é o do firme. Tamén o da falta de limpeza dos silveiros que empezan a cubrilas despois destes días de suba de temperaturas. Para telas todas en boas condicións hai que empezar cedo a desbrozalas. Pero xa sabemos que a previsión non é precisamente o que máis abunda no [...]
-
Desde xa hai tempo, viñemos demandando do alcalde que se interesase pola situación que se ía producir como consecuencia do apagamento analóxico e o paso á TDT. A realidade é que pouco ou nada se fixo e nestes momentos, semanas despois do cambio, segue a haber núcleos e parroquias con problemas. E o alcalde ten [...]
-
O PP quere pechar o Centro de Especialidades da praza do Ferrol. Ese centro debe seguir cumprindo a súa función de atención aos pacientes, tendo en conta as características do persoal sanitario que traballa alí. Non cola que nos queiran vender unha mellora co seu traslado ao novo hospital. Pechar un servizo non é mellorar.
-
Semanas despois do apagamento do sinal analóxio da televisión, seguimos con moitos probelmas de recepción da TDT. Aos responsábeis da Xunta e do PP enchéuselles a boca de falar das marabillosas porcentaxes de cobertura, pero a realidade do rural de Baralla é outra. Quedan zonas nas que non se recibe a TDT e en [...]
-
-
Onte foi o Consello Escolar de Galiza -tamén- o que pediu a retirada do decretazo contra o galego. E o día 17 temos que participar no festival de Pontevedra. O noso idioma ben merece ese esforzo.
Para mercar as entradas QUEREMOS-GALEGO/FESTIVAL
-
Xa lle pedimos na convocatoria do ano pasado que dedicase parte do diñeiro do Fondo Estatal do Goberno do Estado á primeira fase do Cnetro de Día de Baralla. Pero para este alcalde, para o Sr. Capón ese servizo non é prioritario. E nin o ano pasado nin este. O BNG pensa que Baralla precisa [...]
-
Polo visto o noso alcalde vai permitir que se peche a Oficina de Extensión Agraria de Baralla. Mentres o BNG xestionou a Consellería de Medio Rural a oficina permaneceu aberta e aínda ben non volveu o PP xa a quere pechar.
Na porta da Oficina de Extensión Agraria leva varias semanas un cartel que advirte que [...]
-
Nunca nas últimas décadas, padecemos un ataque tan visceral e calculado contra a nosa lingua. O PP colocou o galego na diana do exterminio. Véndenos ese malfadado trilingüismo como a panacea. Que curioso que non optasen por esa alternativa outros idiomas máis normalizados, seica para potencialos. Que curioso que en Alemaña non opten por introducir [...]
-
Anuncios…promesas… Desde hai case catro anos, levamos reclamándolle ao alcalde que lle dese un servizo á antiga Casa do Médico. Que se fixese nela o Centro de Día ou puxese en marcha a galescola de Baralla. O BNG no Goberno xa a tiña prevista e Capón non moveu un dedo para poñela en marcha. Todo [...]
-
meta name=”google” value=”notranslate”>A este alcalde é mellor non poñerlle cousas nas mans. Non hai máis que ver a solución “que lle está dando ao Campo da Feira de Sobrado. Polo visto, ao que se dedica é a malcopiar modelos alleos. Deulle por “rodear castiñeiros” de flores. Un espazo que o único que precisaba eran atencións pequenas. Ou [...]
-
A diferenza está en crer e querer mellor futuro para os veciños e veciñas do concello, ou pensar atender antes outros intereses. O alcalde e o PP de Baralla votaron en contra de que siga aberra a Oficina de Igualdade e Benestar que se abriu no antigo comercio de Pedro de Airexe, co BNG [...]
-
Mañá pola tarde, os que dalgún xeito convivimos con el, queremos facer público e compartido o noso recoñecemento.
Non son eu dos que me gusta falar de homenaxes, e si máis de recoñecementos. Recoñecemento por traballo e dedicación, por amor e paixón, por compromiso e lealdade, por amizade e orgullo, por dignidade e firmeza, por alegría [...]
-
Para poder vivir no rural necesitamos apostar polos servizos públicos. Entre eles os dedicados á infancia: atención pediátrica e gardaría infantil. Durante os últimos anos levamos varias iniciativas a Pleno para intentar que o alcalde se mollase para poñer en marcha a Galescola de Baralla (unha actuación que a Vicepresidencia xa lle asignara a [...]
-
Esta visto que queren destruír todos os servizos sociais. O PP anuncia, deixa caer, que vai pechar as oficinas de I+B que o BNG puxo en marcha desde as súas responsabilidades de goberno. Unha desas oficinas está en Baralla. Durante anos e anos, Baralla foi perdendo servizos públicos. E foi coa chegada do BNG ao [...]
-
Pode parecer unha frase moi dura, pero o peor de todo é que é certa. O PP de Feijoo, o mesmo PP que nongoberna Baralla, acaba de anunciar que vai ELIMINAR, que lle vai sacar o complemento de 200 € para as pensións non contributivas que puxera en marcha o BNG desde o goberno da [...]
-
Xa se sabe que ás veces é o menos común dos sentidos e que certas decisións, poden ser, cando menos discutíbeis. Pero tamén é certo que as decisións deben estar motivadas pola busca de solucións. Todo isto vén a conto da prohición de circulación que o alcalde estableceu no acceso a rúa do Centro de [...]
-
Hoxe fíxose público o posicionamento dos directores e directoras dos colexios da comarca contra o peche de unidades escolares que decidiu o PP, como é o caso do colexio de Doiras. O Partido Popular en estado puro. Primeiro eliminou o sistema de préstamo universal de libros e as familias teñen que pagar agora por [...]
-
Cando os cartos que se gastan son os de todos, non importa a crise. Iso, polo visto, é o que pensa o Sr. Capón. Outro ano máis, cos cartos de todos os veciños, organizou un xantar para os seus invitados na área fluvial. O ano pasado foron máis de tres mil euros os [...]
-
Acaba de presentarse públicamente o proxecto de investigación “Nomes e Voces”. Naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, dirixida por Ánxela Bugallo, co obxectivo de estudar a represión en Galiza, durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos [...]
-
Se en algo se notou a chegada do PP ao goberno da Xunta, foi na súa capacidade de parar proxectos. A Baralla, de momento, tocoulle o parón da obra de selado do vertedoiro de lixo. Por iso, este venres levamos a pleno, unha inciativa na que lle pedimos ao alcalde que se mova e [...]
-
Esta semana, como hai anos, os labregos galegos volven a saír á rúa para defenderen o seu dereito a vivir do seu traballo. Loitan contra a presión da multinacional que é a Unión Europea, -que vixencia ten hoxe o lema histórico do nacionalismo “mercado común europeo, ruína do pobo galego”-, e contra a pasividade do [...]