-
Contaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar [...]
-
Un xa non sabe se estaba mellor antes ou agora. A verdade é que as obras de reposición dalgúns tramos do firme da N-VI entre Baralla e Sobrado quedaron con moitas deficiencias: firme desigual e pouco uniforme, zonas necesitadas de mellora e incluso xa se fixeron novos buratos. Cumpriría que o alcalde se dirixise a [...]
-
Os condutores que teñen que usar a estrada que une Baralla con Láncara, levan varios meses sufrindo os buratos que se produciron como consecuencia das obras que realizou o Concello, da traída de de auga municipal en Pousada. Desde aquel momento, o alcalde parece que non se volveu acordar de que desfixera a estrada en [...]
-
Xa denunciamos repetidamente as deficiencias do sistema de recollida de lixo e reclamamos o pechamento do vertedoiro. Agora, en teoría, e por decisión do Sr. Alcalde, parece que imos depositar o lixo na planta de Lugo. Algo que evidentemente nos vai saír máis caro que verter en Becerreá. Pero aí non acaba todo. O pasado [...]
-
Douscentos!! Douscentos “convidados e convidadas”, a un xantar que imos pagar todos os veciños do concello. Esa é a maneira que ten o Sr. Capón de xestionar os cartos públicos. Pagarlle unha enchente o pasado venres, aos seus amigos a conta dos cartos de todos. Concelleiros do PP, pedáneos, tíos, sobriños, curmáns e demais [...]
-
No pleno do pasado xoves, conseguimos dar un paso adiante para a apertura da galescola e para iniciar o proceso de posta en marcha do Centro de día. Despois de moitas iniciativas e peticións, e despois de que este alcalde perdese un ano, conseguimos que se dirixa ao Consorcio para traballar para poñer en marcha [...]
-
O BNG, a través dos seus deputados Cristina Ferreiro e Fernando Blanco Parga, presentamos unha iniciativa no Parlamento galego para interesarnos pola posibilidade de contar con asistencia pediátrica no centro de saúde de Baralla. Segundo datos do Sergas, Baralla contaría cunha poboación pediátrica de 188 persoas. Con esta proposta parlamentaria queremos saber se o [...]
-
Onte, no acto que organizamos polo día da patria, falamos de nacionalismo, de País e de futuro. Pero os veciños e veciñas que nos acompañaron, puxeron de manifesto a súa preocupación polos problemas do concello: urbnanismo, galescola, atención a terceira idade e centro de día, atención pediátrica… Sobre este último asunto, imos presentar unha iniciativa [...]
-
Hoxe, ás 9 e media da noite, no Centro Sociocultural, anímamosvos a participar no acto do BNG con motivo da celebración do Día da Patria galega e de explicación da nosa actuación desde as consellarías da Xunta de Galiza.
-
Portada da igrexa de Berxelos
Contamos cun patrimonio hsitórico enorme, pero desde o Concello non se aposta por poñelo en valor e sacarlle toda a rendabilidade que podería dar. A recente restauración das pinturas da igrexa de Berxelos que financiou a Consellería de Cultura, -e mon son as únicas pinturas que temos nas igrexas do concello, [...]
-
Estes días estanse realizando obras no local, propiedade do alcalde, que destinaba a tanatorio. Até aí nada sorprendente. Pero o rechamante, áinda que non sexa unha novidade, é que se utilice o todoterreo do Concello para retirar os cascallos dunha obra privada e que aínda por riba acaben no vertedoiro de lixo incontrolado. Iso si [...]
-
Xa hai algún tempo, unha ambulancia tiña que saír remolcada por un tractor da casa de Ribadeneira de Quintá polo mal estado da pista de acceso.Cando no último pleno lle volvemos pedir ao alcalde o amaño urxente de varias pistas do rural, caso de Penouta, Vilar de Francos ou Laxes, e faciamos mención expresa aos [...]
-
Hai poucos días chegoume algunha información sobre un convenio urbanístico para edificar na parcela situada por detras do Centro Médico. De momento, nada hai de xeito oficial, que pasase pola Xunta de Goberno Local ou polo Pleno. Pero é curioso, cando menos, que xusto unhas semanas despois de se adxudicar a redacción do PXOM, “aparezan” [...]
-
Onte celebrouse o primeiro exame da praza de alguacil-porteiro. Ao final non se presentaron todos/as os inscritos. Esta é a relación de aprobados
Notas do exame e relación de aprobados/as
-
Sería bo que o alcalde aproveitase as obras que está executando a Consellería en dúas pistas competencia do concello dentro do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural) para completar o proxecto. A Consellaría que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal, inviste preto de 60.000 € no amaño dos viais que van de [...]
-
Insiste o Sr. Capón e o PP na reiterada negativa por poñer en marcha a galescola de Baralla. A actitude do alcalde é unha proba máis do seu pasotismo á hora de mellorar os servizos públicos para os veciños e veciñas do concello. Despois da sinatura do convenio coa Xunta en xuño de 2005, os [...]