-
Empezamos novo curso político con pleno no Concello. Esta tarde estréase a nova responsábel (concelleira non electa) de urbanismo, María Novo, quen lle vai ter que dicir aos cidadáns de Lugo se vai ser a voz do seu alcalde (até o momento non fixo outra cousa como delegada) ou vai ter algo de iniciativa propia. [...]
-
Teoricamente hoxe empezo as miñas vacacións, pero tiven que empezar o mes igual que acabei xullo, falando do Plan Xeral e de urbanismo. E tiven que facelo porque a nova delegada desta materia quere que lle pasemos, nada máis e nada menos que por escrito, as irregularidades que detectamos no PXOM. A esta señora aínda [...]
-
Posted: July 31, 2008, 12:49pm CEST by pazabraira
Non teño outro calificativo para o que está pasando co Plan Xeral que non sexa o de esperpento. É un esperpento porque só nunha análise moi superficial da documentación que lle mandaron aos distintos organismos xa detectei erros, planos que non coinciden, propostas que non figuran, urbanizábeis que amplían a súa superficie,…. E isto só [...]
-
Posted: July 29, 2008, 11:03am CEST by pazabraira
Por fin, a partir de hoxe, podemos ver no Concello unha copia da proposta definitiva do Plan Xeral. Xa ía sendo hora, pois mandáronllo aos distintos organismos o 4 de xullo e nós non o puidemos consultar até hoxe mesmo. E agora, pois velo si, pero nada de copias. O Sr. Orozco eo PSOE seica [...]
-
Posted: July 28, 2008, 10:20am CEST by pazabraira
Non sei o que dará de si a xuntanza de hoxe coa nova “delegada” de urbanismo. Espero polo ben de Lugo que non sexa máis do mesmo, aínda que son bastante excéptica. E digo isto porque está empeñada en dicir que a convoca por iniciativa propia e non porque a pedise o BNG o día [...]
-
Posted: July 23, 2008, 10:58am CEST by pazabraira
Falar do Plan Xeral é como falar do ceo ou do inferno. Nunha cidade como a nosa na que practicamente nos coñecemos todos, o PXOM é fonte de moitas conversas nos bares, nas casas e nos postos de traballo. E fálase del porque lle vai ao peto á xente. O Plan Xeral decide se tes [...]
-
Posted: July 8, 2008, 12:52pm CEST by pazabraira
Estou intrigada e preocupada. Non sei que plan xeral lle mandaría o PSOE aos organismos que teñen que emitir os informes antes do pleno do Concello de outubro. Cal será, un con erros e inconcrecións, con propostas absurdas para a Piringalla, para O Carme…, sen a delimitación dos polígonos de actuación, coas expropiacións sen definir… [...]
-
Posted: July 7, 2008, 1:18pm CEST by pazabraira
Xa se disiparon as dúbidas urbanísticas se é que alguén as tiña. Orozco acaba de anunciar que vai nomear concelleira de urbanismo á xerente de EVISLUSA (empresa municipal do solo), unha persoa que non foi elixida polos cidadáns.
Grazas a Lei de grandes cidades que votaron favorabelmente o PSOE e o PP, en Lugo o urbanismo [...]
-
Posted: June 27, 2008, 12:22pm CEST by pazabraira
Hoxe rexistramos unha solicitude na que pedimos que se convoque unha Comisión de Pleneamento para que o alcalde e o PSOE nos expliquen porque se sigue atrasando o Plan Xeral. Os 3 grupos políticos acordamos no seu momento un calendario que determinaba que xa o día 18 de xuño, -é dicir, fai máis dunha semana-, [...]
-
Posted: June 18, 2008, 10:06am CEST by pazabraira
Lucíuse o concelleiro de urbanismo, o Sr. Liñares na resposta que me deu a unha solicitude de información. Pedinlle que se me indicasen as licencias que se presentaron desde o 11 de febreiro, data na que se levantou a suspensión pola tramitación do Plan Xeral. Pedín esta información porque é necesaria para saber como lle [...]
-
Posted: June 16, 2008, 10:19am CEST by pazabraira
Esta vai ser unha semana tranquila no concello. Vai ser tranquila porque o día 18, Orozco e compañía marchan para China nesa macroexpedición comercial e cultural que seica vai resolver todos os problemas de Lugo. Mentres tanto nós quedarémonos aquí e seguiremos traballando porque ese mesmo día ten que chegar ao concello toda a documentación [...]
-
Posted: June 9, 2008, 10:09am CEST by pazabraira
O día 18 de xuño ten que chegar ao Concello o novo Plan Xeral para remitirllo á Consellaría de Cultura, a Estradas de Galiza e do Estado e á Confederación Hidrográfica do Norte. Ese mesmo día o alcalde marcha para China nesa viaxe institucional que ten organizada.
Eu xa pedín nas reunións que cando chegue o [...]
-
Posted: June 5, 2008, 9:52am CEST by pazabraira
Onte tivemos reunión do Plan Xeral co goberno municipal e coas redactoras. Foi a última, e nela quedou moi claro que PSOE e PP chegaron a un acordo para aprobar o PXOM. Un acordo que o BNG non vai suscribir porque desde logo este documento non cumpre as nosas expectativas nin as dos veciños e [...]
-
Posted: May 30, 2008, 10:43am CEST by pazabraira
Se algo teño claro despois dun ano de concelleira é que en Lugo hai que ter paciencia para todo. Hai que ter paciencia para aguantar os rollos que solta o alcalde nos plenos, nos que fala o tempo que lle dá a gana. Hai que ter paciencia nas reunións do plan xeral, onde hoxe se [...]
-
Posted: May 26, 2008, 10:20am CEST by pazabraira
Non se pode esperar nada de quen non ten seriedade. O pasado venres, día 23, tiñamos que ter unha reunión dos tres grupos políticos para fixar os cambios definitivos do Plan Xeral e a día de hoxe seguimos sen saber nada.
Se pedimos unha nova exposición pública é precisamente porque o traballo feito polo goberno é pouco [...]
-
Posted: May 23, 2008, 10:54am CEST by pazabraira
O PP o e PSOE van ter que aclararse. Que digan dunha vez que queren aprobar o Plan Xeral, sexa como sexa, e que deixen de enganar aos cidadáns. O BNG teno moi claro: por transparencia e rigor queremos que se volva expoñer publicamente antes de aprobalo de maneira definitiva.
É certo que houbo moitos [...]
-
Posted: May 21, 2008, 10:22am CEST by pazabraira
Hoxe, ás 12 temos reunión do Plan Xeral. Nela imos participar todos os grupos políticos, o Goberno municipal, as redactoras do Plan e os técnicos municipais.
O BNG xa aclarou que queremos unha nova exposición pública do Plan, que garanta o dereito de todos os veciños e veciñas a coñecer os cambios introducidos antes da súa [...]
-
Posted: May 8, 2008, 10:30am CEST by pazabraira
Onte non puiden volver a escribir porque como xa vos dixen tivemos reunión do Plan Xeral desde pola mañá e non rematamos até a noite. A verdade é que o PXOM é todo un culebrón por capítulos, un culebrón do que Orozco quere culpar á oposición. Agora resulta que nós somos responsábeis do atraso do [...]