-
Comecei a ler os artigos que escribe o profesor, xornalista, humanista, politólogo, Xosé Luis Barreiro, despois de escoitar unha conferencia que deu en Pontevedra, hai xa anos, nunhas xornadas sobre xornalismo e política.
Aquel día fixo un comentario que me ficou gravado: “a televisión interactiva principiou en Forcarei” (súa vila de nacemento).
Explicouno dicindo que cando el [...]
-
Na negativa a modificar a lei electoral están dacordo tanto o PSOE coma o PP, inda que estes queiran ir agora de “salvadores” porque non están gobernando. Tempo tiveron dabondo para facelo e non o fixeron.
Na Galiza isto vese agravado polo “voto emigrante”, ante o rexeitamento do goberno a que as eleccións se fagan dun xeito democrático, con [...]
-
Onte dicía eu que a culpa da crise internacional non era dá alcaldesa de Sanxenxo. Home, para chegar a esa conclusión non fai falta escribir un blog, diredes vos e tendes razón.
Ogallá fora dela, porque entón tería unha solución doada, pero por desgraza non é así e a solución é moi difícil e vai para [...]
-
Mentres sigamos a vivir neste sistema capitalista, globalizado, neoliberal e todos os outros adxectivos que lle queirades por, non temos nada que facer para mellorar o benestar dos cidadáns e cidadás de a pe.
Dende o goberno do estado seguen a ”vendernos a burra” de que hai que apertar o cinto porque a crise é moi forte.
As medidas [...]
-
Mañá 25 de xullo, celebraremos o día do noso país, que en palabras de Castelao é: “a festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos”.
Esta celebración iniciouse no ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizaron o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
As Irmandades da Fala xa [...]
-
A algúns estráñalle a medida acordada pola UE de ampliar a 65 horas semanais a xornada laboral.
E logo que agardaban con Angela Merkel mandando en Alemania, Nicolas Sarkozy gañando as eleccións en Francia e os italianos votando maioritariamente a Silvio Berlusconi?
O acordo foi tomado sen ningún voto en contra e só coa abstención dalgúns países.
“O [...]
-
Nos círculos financeiros dise que a Galiza as situacións de bonanza ou febleza económicas chegan con un/dous anos de retraso con respecto ao resto do estado.
Un bo exemplo de que isto é así témolo na “crise do ladrillo” que estamos comezando a sufrir aquí agora, cando no levante levan máis de dous anos con ela.
Tamén [...]
-
A estas alturas da película, xa todo o mundo sabe quen está detrás da asociación Galicia Bilingüe e o que pretenden.
Xa quixéramos nos que no 50% dos organismos públicos, das entidades financeiras, das escolas, dos centros médicos e, por que non, das igrexas, se dirixiran á cidadanía en galego como predican que defenden os desta asociación.
Os medios [...]
-
É típico nos cargos do PP utilizar a fuxida cara adiante cando se meten, por culpa da súa torpeza política, en “camisas de once varas”.
No Salnés, por desgraza, temos exemplos dabondo.
O secretario xeral do PP, Alfonso Rueda, debeu coller esas mañas no seu paso polo Concello de Cambados.
Cando veu que os alcaldes do seu partido [...]
-
Despois de coñecer a decisión da Consellaría de Medio Ambiente de conceder a Autorización Ambiental Integrada a Ence por tres anos, alguén podería ter dúbidas de si foi unha medida axeitada ou non.
Esas dúbidas quedaron despexadas ao escoitar a Telmo Martín dicir sobre o tema que “… a Xunta está facendo o que lle corresponde [...]