-
Posted: July 15, 2008, 10:57am CEST by pazabraira
Onte denunciei o estado de total abandono da mediana da avda. das Américas e hoxe xa nos contesta o concelleiro de Medio Ambiente, que está previsto darlle solución. Mágoa que tardase tanto. Unha mágoa porque a imaxe que se dá de Lugo desde fai meses nesta zona é lamentábel. Alí hai de todo menos unha [...]
-
Posted: July 9, 2008, 11:06am CEST by pazabraira
Xa hai nova concelleira de urbanismo e onte mesmo o único comentario que había eran os seus contactos coa “familia” dos construtores de Lugo. Que ben¡ Se xa se rumoreaba que tiñan pouco poder e pouca capacidade de manobra neste Concello, agora disque aínda máis.
Por certo que a rolda de prensa de Orozco, Liñares e [...]
-
Posted: June 23, 2008, 12:18pm CEST by pazabraira
Xa remata o mes de xuño e en Lugo seguen paradas moitas cousas. Seguimos sen Plan Xeral (e non sabemos cando o imos ter), seguimos sen autovías, seguimos sen AVE e sen ferrocarril de cercanías, seguimos sen galescolas polos caprichos deste alcalde, Lugo segue sen nova ponte, sen auditorio,…
Pero, iso si, a cambio temos accidentes [...]
-
Teño que volver falar do Plan Xeral. Teño que facelo porque onte tiña que chegar ao Concello o documento definitivo que lle hai que enviar á Consellería de Cultura, a Estradas de Galiza e do Estado e a Confederación Hidrográfica do Norte, para que emitan os seus informes. Uns informes que son obrigatorios e que [...]
-
Posted: May 20, 2008, 1:59pm CEST by pazabraira
Mañá vaise celebrar a última xuntanza na que se van poder introducir modificacións no Plan Xeral. Hoxe o BNG fixo pública a necesidade de que o PXOM se someta a unha nova exposición ao público que garanta que todos os veciños e veciñas do concello coñezan as modificacións introducidas no documento, antes da súa aprobación [...]
-
Posted: May 19, 2008, 10:41am CEST by pazabraira
Xa pasou un ano das eleccións municipais e desde aquela Orozco desempeña e “ostenta” a alcaldía en solitario no Concello de Lugo. Pero que non chegase a acordos de goberno non quere dicir que non conte con claros apoios dunha parte da oposición muncipal.
No que vai de lexislatura, o Partido Popular permitiulle a Orozco e [...]
-
Posted: May 7, 2008, 9:40am CEST by pazabraira
Hoxe toca xuntanza do PXOM. A cita era as 9 da mañá. Pero cando escribo estas liñas, case nove e media, nin aparece Orozco e o goberno, nin aparece o PP. Ben se ve o interese de cada quen. Despois xa vos contarei.