Estamos a poucos dias de que se cumpran 4 anos daquela victoria electoral que permitiu que en Tomiño se rachase con 24 anos de goberno do PP. Tendo en conta a situación de estancamento na que estaba o noso Concello, con tantas e tantas oportunidades perdidas, 3 grupos políticos diferentes (BNG, CdT e PSOE) foron quen de poñer por riba de todo o interese común e conformar un goberno municipal diferente, presidido pola alcaldesa nacionalista Sandra González.
Foron 4 anos de execución de grandes proxectos, obras necesarias e impulso a novas e diferentes políticas. Foron 4 anos dun goberno tripartito,pero marcado polo consenso e a coincidencia nas principais necesidades que ten o noso concello. Sabiamos que tiñamos unha enorme responsabilidade e o BNG estivo a altura das circunstancias e soubo liderar e coordinar este goberno, con actitude dialogante e constructiva. E demostrando que un goberno municipal ten que caracterizarse por tratar a todos os veciños e veciñas por igual, sen tratos de favor.
Por todo isto, tras este avance e transformacion en feitos e actitudes do noso concello, entendense menos as maniobras escuras que caracterizaron os ultimos meses da lexislatura. Esa loita de intereses persoais que fai morrer e nacer partidos independentes e o uso de diñeiro publico para a compra de vontades politicas merece un rexeitamento claro. En Tomiño non queremos que veña o señor Louzán nen a contentar nen a xerar cabreados. Triste panorama para a dereita tomiñesa (PP, CDT e CDL) caracterizada pola división, autoritarismo, oportunismo e o rencor dos seus líderes. Non é iso o que queren os veciños!
Fronte a este esperpento está a alternativa seria, eficaz e solvente que representa a alcaldesa Sandra González. Somos conscientes de que queda moito por facer, pero que temos iniciado un camiño.Non é tempo de voltar atrás. Temos que ollar ao futuro con esperanza, optimismo e ilusión. Co voso apoio, co voto ao BNG, seguiremos transformando Tomiño. Animo!
——————————————–
Uxío Benítez é actualmente o concelleiro de urbanismo do goberno local e candidato polo BNG.
O 22-M TI DECIDES
SOMOS O TEU EQUIPO!
Saúdo
CALENDARIO DOS MITINS:
Xoves, 19
Figueiró | 21h30 | Bar O Telleiro
Viernes, 20
Estás | 21h30 | Centro Social
Etiquetas
22 maio 2011 22M Alcaldesa Alcaldesa Tomiño amorín barrantes blog BNG BNG Tomiño carregal CDL CdT cea Concello de Tomiño cristelos currás eleccións municipais 2011 Eleccións municpais 2011 estás facebook figueiró forcadela goián hospital Las Colinas mitin mitines mitins pinzás piñeiro PP pp de tomiño Sandra González san salvador de tebra santa maria de tebra sobrada suso montero taborda Tomiño traiñeiras Uxío Benítez video vilachán vilachán do monte vilameánArtigos recentes
- Resultado das votacións
- Maioria absoluta!!
- Tod@s xuntos para o domingo
- E acabamos a campaña «en casa» (FOTOS E VIDEO)
- Goián mostra o seu apoio a Alcaldesa
- CONVITE PARA A FESTA-MITIN DE ESTÁS
- Noite calurosa en Figueiró (FOTOS)
- Espectacular mitin em Tomiño (FOTOS E VIDEO)
- Carteles de apoio a Sandra en Vilar
- O 22-M TI DECIDES (VIDEO)
Da gosto ver estes candidat@s cheos de enerxía, ollar limpo, sorrisos de ilusión e por encima ca forza e o compromiso para goberenar Tomiño. Adiante co BNG
— Quico Andrade AbadBuscar
Arquivo
Categorías