Despois de oito mitins, chegamos ao final da primeira semana en forma, sobretodo tras a gran acollida de público coa que fomos recibid@s.
O xoves día 12 ás 21.30h, estaremos en Vilachán no Local Asociación Veciños O Árbol onde intervirán Suso Montero, Úxío Benítez e a nosa Alcaldesa Sandra González.

Ao día seguinte, venres 13, estaremos en San Salvador de Tebra polas 22.30h na Casa Social. Intervirán Suso Fernández, Uxío Benítez e a nosa Alcaldesa Sandra González.

Comentarios pechados.