A nosa Alcaldesa, Sandra González, comenta os dous sucesos que marcaron o día de onte. Por un lado a aparición de parcanrtas no barrio de Vilar de apoio a ela e ao seu equipo con frases como «Vilar está con Sandra e o seu equipo» ou «Sandra, ti eres o noso futuro». E por outro lado, a mentira que difundiron integrantes da lista do Partido Popular en torno ao seu salario. Neste video a Alcaldesa desminte, mostrando a súa nómina, as cifras enganosas coas que a atacaba a oposición. A Alcaldesa, Sandra González, zanxaba así a historia do salario. Na súa intervención remata agradecendo a Vilar e a moitos outr@s veciñ@s as súas mostras de apoio.

 

Comentarios pechados.