Amigos e amigas, vaise achegando o fin da campaña electoral. Unha campaña na que foi un pracer toparme con tantos e tantos de vós… Un encontro con veciños e veciñas que me encheu de bos momentos. Unha campaña electoral inesquecible!
Fálovos dende o corazón para darvos as miñas máis sentidas grazas polo voso apoio e polas vosas inestimables demostracións de cariño. Mañán, día 20, rematamos en Estás, na miña parroquia, cunha Festa Mitin á que quero convidarvos e todos e todas.
A campaña tamén serviu para afianzar máis se cabe unha idea que se confirma: o mellor equipo e o máis unido está na candidatura que me acompaña!!
Non quero rematar sen antes agradecer a todas as persoas que formaron o equipo de campaña polo seu inestimable traballo, todas saben o importante que resulta o seu esforzo, todas e cada unha…
A todos e todas GRAZAS!!!!!!

 

Sandra González

Comentarios pechados.